A Asociación Galega de Pitch&Putt presentou a candidatura a que un campo da nosa xeografía albergue o III Campeonato do Mundo Senior (Maoires de 55 anos).
O éxito organizativo do Mundial Strokeplay disputado no Clube de Campo de Vigo así como a calidade dos percorridos en Galicia, fan que teñamos altas posibilidades de realizar esta prestixiosa competición.
A finais de novembro sabremos quen organizará este importante evento internacional.